Información relativa a todos los trámites & posibles bonificaciones con los ayuntamientos: Vigo

Información relativa a todos los trámites & posibles bonificaciones con los ayuntamientos: Vigo

Presentar una Declaración Responsable con nombre CP-005 a través de la Sede Electrónica del Ayuntamiento con el siguiente linkhttps://sede.vigo.org/expedientes/sede/#1

Los documentos que acompañan la instancia son los siguientes:
- Memoria técnica 
- Presupuesto 
- DNI del cliente o del sujeto pasivo
- Reporte fotográfico del sitio de la instalación

TASA: 60 €

ICIO: no se paga este impuesto, sólo la tasa de 60 €.

LIQUIDACIÓN: Ayuntamiento envía cartas de pago

FIANZA: No necesaria

IBI: Hay una bonificación del 50% durante 3 años.


-----------------
Más información sobre el IBI de acuerdo a la ordenanza municipal del ayuntamiento:

1. Gozarán dunha bonificación do 50% na cota íntegra do imposto durante os tres períodos impositivos seguintes á finalización de instalacións de sistemas de aproveitamento de enerxía solar os inmobles de uso residencial onde se instalen ditos sistemas e cos seguintes requisitos:

a) Que as instalacións foran obxecto de comunicación previa/licenza á Xerencia Municipal de Urbanismo.
b) Que as instalacións para a produción de calor inclúan colectores homologados pola administración competente.
c) No caso de inmobles suxeitos ao réxime de propiedade horizontal que realicen unha instalación compartida para subministrar enerxía a todos ou a algún deles, só poderán beneficiarse da bonificación os inmobles vinculados á instalación.

2. O importe da bonificación anual non poderá exceder para cada inmoble e exercicio do 50% do custe da execución material da instalación ou ben do 50% do custe de execución material repercutida a cada propietario no caso de inmobles suxeitos a división horizontal.

Nos dous casos anteriores, en cómputo global, o importe da bonificación concedida durante os tres exercicios non poderá superar o 95% do custe de execución material da instalación.

3. A bonificación poderá solicitarse, acompañando a documentación xustificativa dos requisitos esixidos no apartado 1 deste artigo ou nº de expediente da Xerencia Municipal de Urbanismo no que conste a mesma, en calquera momento anterior á terminación dos tres exercicios nos que resulte de aplicación. Surtirá efectos, no seu caso, para o período impositivo seguinte a aquel no que se solicite.
Esta bonificación non será de aplicación cando a instalación dos sistemas de aproveitamento de enerxía solar sexa obrigatoria segundo a normativa específica na materia.

- O actual apartado 5 do artigo 6 pasa a ser o apartado 6 de dito artigo.

- Engádese unha Disposición Transitoria regulando a aplicación do beneficio fiscal previsto no artigo 6.5 para as instalacións rematadas en 2020, 2021 e 2022:

As instalacións rematadas en 2020 poderán desfrutar da bonificación regulada no artigo 6.5 durante o exercicio 2023.
As instalacións rematadas en 2021 poderán desfrutar da bonificación regulada no artigo 6.5 durante os exercicios 2023 e 2024.
As instalacións rematadas en 2022 poderán desfrutar da bonificación regulada no artigo 6.5 durante os exercicios 2023, 2024 e 2025.

A documentación necesaria a presentar antes do 31 de decembro sería: Nº de expediente da Comunicación Previa/Licenza de obra solicitada na Xerencia Municipal de Urbanismo, documento que xustifique que as instalación para produción de calor inclúan colectores homologados pola Administración competente e a factura.